Aspaber asiste no Parlamento de Galicia á sesión onde se votaba modificar o modelo de concerto social de contratación
16 de setembro de 2015 - Do sector
O martes día 15, os representantes de ASPABER acudimos a unha sesión plenaria no Parlamento de Galicia, onde se abordaba a Ley 13/2008 de 3 de Decembro de Servizos Sociais, para a introdución e promoción de Concertos Sociais. Dita modificacion foi presentada polo PSdeG e apoiada polo resto de grupos parlamentarios, pero resultou desestimada polo Partido Popular (con 32 votos a favor e 39 en contra). Non obstante o Partido Popular deixou unha porta aberta á valoración desta situación, ao asegurar que están a estudar unha nova proposta no marco da colaboración especifica.
As entidades de iniciativa social FADEMGA, FEAPS e o CERMI, das que ASPABER forma parte, defendemos dende fai anos a necesidade de modificar o modelo de concerto social de contratación, que poden situar ás entidades en condicións de manifesta inferioridade, con respecto a competir con empresas con ánimo de lucro. Trátase dunha reivindicación que ven de ser aprobada nas comunidades de Baleares, Asturias, Pais Vasco e máis recentemente en Murcia.
Aspaber defende a inclusión de cláusulas sociais que promocionen e apoien o movemento asociativo.