Xornada de convivencia entre usuari@s de Aspaber, A.P.E.M. Carballo e alumnos do C.F.P. Tomás Barros
23 de outubro de 2015 - Dos programas
Na mañá de onte tivo lugar, nas instalacións do Centro Ocupacional Aspaber, un encontro no que usuari@s de Aspaber participaron con usuari@s de A.P.E.M. Carballo e alumnos do Ciclo de Integración Social do Instituto Tomás Barros da Coruña, nunha xornada na que se organizaron diferentes actividades destinadas as relacións en grupo e á socialización.
A xornada comezou cunha presentación en vídeo para os asistentes a este encontro, dos diferentes servizos e actividades que se levan a cabo en Aspaber.
A continuación tivo lugar un taller de estimulación cognitiva, donde a través das dinámicas propostas por Olalla Trigo (membro da Asociación Apams) participaron as tres entidades. Con este taller pretendese mellorar o funcionamento das capacidades cognitivas, ademáis de traballar habilidades motrices, cognitivas, emocionais, sociais…
E para rematar a xornada, os usuari@s de Apem Carballo representaron unha obra de teatro titulada “Unha de romanos” ofrecéndolle aos alí presentes un espectáculo divertido e ameno que por momentos despertou os aplausos do público, mostra de que a representación foi todo un éxito polo ben que a interpretaron.