O Centro de Saúde de Carballo participa no programa Aténdeme-Enténdeme
28 de setembro de 2018 - Do sector
O pasado mércores, o Centro de Saúde de Carballo, acolleu o proxecto colaborativo posto en marcha entre o SERGAS e FADEMGA Plena Inclusión Galicia, chamado Aténdeme-Enténdeme.
Este programa pretende que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, transmitan aos profesionais sanitarios ás súas necesidades e características, así como ferramentas para mellorar a comunicación.
Para iso trasladáronse ata alí unha profesional, unha usuaria e un familiar da nosa entidade.
Queremos agradecer a participación dos profesionais que asistiron, así como o seu interese e colaboración.