O proxecto de “economía circular” da Asociación Aspaber recibe o apoio do GALP Costa da Morte
24 de abril de 2019 - Do sector
Coa axuda do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte, a Asociación Aspaber a través do obradoiro de Soldadura Plastica acaba de poñer en marcha o proxecto “Persoas diversas+Cofrarías= Economía Circular”, que ten como finalidade a formación e integración das persoas con discapacidade intelectual mediante o traballo de soldadura de pezas de plástico, en concreto para recipientes relacionados coas actividades pesqueiras.
Para apoiar esta iniciativa que permite a reparación de caixas e contenedores de plástico destinados ao traballo do sector pesqueiro, o GALP Costa da Morte aporta unha subvención do 90% para a adquisición da maquinaria adecuada para a zona de formación-traballo.
Este proxecto de economía circular contribue a mellorar o medioambiente reducindo os residuos plásticos, mellora a rentabilidade do sector pesqueiro e ofréceselles unha oportunidade laboral e de formación ás persoas con discapacidade intelectual.
Asimesmo este proxecto de formación e integración conleva a prestación dun servizo para aquelas entidades que realizan as súas actividades no sector da pesca.