Representantes da asociación italiana Pegaso Onlus visitan Aspaber
28 de novembro de 2019 - Dos programas
Esta mañá recibimos a visita de representantes da asociación Pegaso Onlus, os nosos socios do programa Europeo Erasmus +, que promove un estudo sobre a diversidade intelectual sen límites para unha vida autónoma e independente.
Esta visita responde á xa realizada no mes de marzo, por representantes da nosa asociación (ASPABER), que se desprazaron a Italia para coñecer de primeira man o traballo da Asociación Pegaso Onlus (Bisceglie in Puglia-Italia), premiada pola Unión Europea polo seu modelo residencial.
Durante a súa estancia en Galicia os membros da asociación italiana pretenden coñecer o día a día do resto das asociacións que participan neste proxecto:
- San Xerome Emiliani (A Garda)
- Aceesca (Ribeira)
- Amicos (Boiro)
- Amipa (Rois)
- Apamp (Vigo)
- Aspadex (Cee)
- Juan María (Nigrán)
- I.E.S. Félix Muriel (Rianxo)