O proxecto ACADAS entra na súa fase final en Zagreb acollido pola entidade PROMENTE
10 de febreiro de 2022 - Centro Educativo
Tras dous anos compartindo experiencias e realidades de distintos países como Italia, Grecia, Irlanda, Turquía e Croacia sobre abandono escolar, exclusión, avaliación e obtención de méritos das persoas con necesidades de apoio.
Os países socios do proxecto ACADAS, liderado pola asociación ASPABER, reúnense en Croacia para elaborar as conclusións e marcar a folla de ruta do proxecto para presentar nos distintos países participantes chamando a atención de Europa sobre a necesidade de fortalecer unha alianza transnacional para o recoñecemento do mérito educativo.
As conclusións do proxecto serán presentadas por ASPABER nunha xornada aberta, que se levará a cabo próximamente na que se pretende difundir, divulgar e definir os escenarios futuros e levar a cabo reformas que permitan aos estudantes encontrar un recoñecemento nos seus estudos e un traballo ao final dos mesmos.