ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Encontro de Aspaber cos candidatos á alcaldía do Concello de Carballo

19 de maio de 2015   -    Do sector

Encontro de Aspaber cos candidatos á alcaldía do Concello de Carballo

Esta mañá tivo lugar na sede da Asociación Aspaber un encontro con tódolos candidatos que concorren ás próximas eleccións á alcaldía do Concello de Carballo.

O obxectivo do evento era facerlle chegar aos diferentes grupos políticos as propostas e necesidades do colectivo da minusvalidez intelectual en diversos ámbitos como a accesibilidade, liberdade e seguridade, educación inclusiva, saúde, traballo e emprego.

Para isto, entregóuselles un documento co contexto e xustificación das peticións presentadas, algunhas de competencia local e outras de competencia autonómica ou estatal. A raíz disto, fíxose fincapé na gran importancia da colaboración do Concello coas Asociacións para lograr trasladar estas demandas ao nivel institucional correspondente.

Cabe destacar a unanimidade de tódolos candidatos á hora de valorar a labor de Aspaber tanto no ámbito social como do Centro Especial de Emprego, especialmente o seu traballo na limpeza viaria do Concello. Esta adxudicación foi de vital importancia para Aspaber, ao permitirlle acadar a experiencia e recursos necesarios que facilitaron o acceso a outros contratos.

Ademais, destacouse a gran labor do tecido asociativo da comarca en diferentes ámbitos e sensibilidades sociais.

Pódese consultar o documento íntegro que se entregou aos asistentes e que contén todas as propostas e necesidades deste coletivo nos arquivos adxuntos.


Ligazóns

Descargas