ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Usuarios de Aspaber preséntanse ás probas de compentencias clave

25 de maio de 2015   -    Do sector

Usuarios de Aspaber nas probas de competencias clave

15 usuari@s de Aspaber presentáronse ás probas de compentencias clave para acadar o certificado de profesionalidade para persoas con discapacidade intelectual.

As competencias clave son os requisitos formativos que aseguran que os alumnos posúen os coñecementos necesarios para acadar os novos certificados de profesionalidade.

A finalidade destas probas de competencias clave é facilitarlles a inserción laboral ás persoas con discapacidade intelectual e convócanse polo menos unha vez ó ano.

Na nosa comunidade autónoma as competencias clave son:

1.- Comunicación en Lingua Castelá: Comprensión e resumo de textos escritos, identificación de ideas principais, redacción de textos, etc.

2.- Comunicación en Lingua Galega: Comprensión, resumo e redacción de textos escritos en lingua galega; expresión de pensamentos, emocións, etc. 

3.- Competencia Matemática: Resolución de problemas empregando as catro operacións elementais, o manexo de unidades de medida e o €uro, de cara a resolver problemas da vida diaria.

4.- Comunicación en Linguas Estranxeiras: Comprensión oral e escrita de frases de uso frecuente relacionadas ca vida diaria; expresión oral e redación de textos; e manexo de vocabulario básico en lingua estranxeira (Inglés).

Os aspirantes poden optar a diferentes adaptacións como a ampliación do tempo da proba, do tamaño da letra, e a presenza de profesionais da Federación e dos centros de procedencia, coa intención de apoiar ás persoas con Dicapacidade Intelectual, no caso de que poideran contar con dificultades de comprensión nas preguntas dos exames.

As probas leváronse a cabo nas instalacións de FADEMGA FEAPS GALICIA situadas no Polígono do Tambre en Santiago de Compostela. A duración da proba en cada competencia clave foi de unha hora.


Ligazóns