Participamos no VIII Certame Literario Rosetta
1 de xullo de 2015 - Do sector
O certame literario Rosetta é un concurso internacional, organizado pola Asociación Argadini, que pretende estimular mediante determinados premios, certas actividades de tipo literario e artístico que promovan e promocionen a creatividade das persoas con Discapacidade Intelectual ou Autismo. Lévase a cabo unha vez ó ano e os participantes poden optan a concursar de forma individual ou en grupo nas categorías de poesía, narrativa e outros formatos.
Entre os obxectivos máis destacados deste certame están os seguintes:
- Dotar ás persoas con Discapacidade Intelectual e as persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) dun espazo onde poidan desenvolver habilidades artísticas e culturais, de desenvolvemento persoal e emocional.
- Dotar ás persoas con Discapacidade Intelectual e as persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) dun espazo para desenvolver a súa integración social e laboral; así como potenciar o seu crecemento persoal e promocionar o seu mundo interior.
- Elaboración e publicación dun libro-disco con tódalas obras premiadas ou mencionadas.
- Realización dun acto cultural baseado na entrega de premios, no que participan, presentan e organizan persoas con necesidades de apoio.
Catro usuarios/as de Aspaber participaron nesta VIII edición do Certame na modalidade de narrativa, ainda que finalmente ningún deles resultou premiado/a. Adxuntas pódense ver as súas narracións.