›› CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO

   
• Limpeza viaria por Carballo
¤06 Na Asociación ASPABER pensamos que o traballo e o medio máis importante que dispoñemos para acadar a integración e normalización das persoas adultas con discapacidade intelectual. Por iso no ano 2000 Aspaber crea un Centro Especial de Emprego, que empeza adicándose a escaiola e a carpintería.

O obxectivo de dito Centro e darlle emprego aos usuarios que están capacitados e que por distintos motivos non poden acceder a empresa ordinaria.

No ano 2004 preséntase ao concurso de limpeza viaria do Concello de Carballo, conseguindo que lle dean dito servizo para un período de dez anos. ENLACE CO CONCELLO

Ampliación de servizos

  • Dende o ano 2004 foise ampliando a realización de servizos para o concello:
    • Limpeza do medio rural
    • Lavado de colectores no medio rural
    • Mantemento e limpeza a presión das prazas do Concello
    • Limpeza de praias
    • Colocación de sinais en rúas
    • Colocación de papeleiras
    • Reparación de colector
    • Limpeza de colectores amarelos e de cristal
    • Colocación de espellos
    • Reparación e pintado de mobiliario urbano
    • Atención do floco municipal
    • Atención no punto limpo
  
^
Copyright © ASPABER  |  Política de Privacidade  |