›› ATENCION FAMILIAS

¤13 Este programa ofrece apoio e atención ás familias con discapacidad intelectual ao longo do seu ciclo evolutivo. Organiza as súas accións en 4 áreas de actuación:

   
 • Servizo de orientación e  asesoramiento familiar

 • Programa de formación

 • Intervención psicoterapéutica

 • Actividades de lecer, encontro  e recreación

Cada unha das áreas ten ademáis os seus obxectivos específicos que se poderían resumir en:

  • Informar, asesorar, orientar, derivar á familia en todo aquilo que lle permíta previr e/ou solucionar crises e conflictos ao redor da persoa con discapacidade intelectual.

  • Coñecer e dar a coñecer ás familias, aos profesionais do Centro e externos a el, métodos e estratexias relacionadas con discapacidade intelectual.

  • Proporcionar apoio emocional e terapéutico necesario.

  • Facilitar o achegamento entre familias, desarticular o illamento social no que se atopan, promover ás familias oportunidades de lecer e benestar.

  
^
Copyright © ASPABER  |  Política de Privacidade  |