ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Centro Educativo

  • Texto de lectura de fácil comprensión (picar para ler)

    +
Fachada principal Centro Educativo CEEPR ASPABER

O Centro Educativo (CEEPR ASPABER) é un centro de educación especial ubicado na Brea (Carballo), que nace no 2017 baixo a titularidade da Asociación Aspaber, e que garante unha atención educativa mediante os apoios necesarios ó alumnado con necesidades educativas especiais de entre 3 e 21 anos.

O noso obxectivo:

É prestar tanto os apoios necesarios como os servizos individualizados a cada alumno/a tendo en conta as súas características individuais, que lle permita desenvolver as súas capacidades ó máximo co fin de integrarse educativa, social e laboralmente a fin de realizar o seu proxecto de vida.

Que ofrecemos:

O centro educativo ASPABER defende unha metodoloxía pedagóxica activa, vivencial e experiencial, centrada na interacción do alumnado ca súa contorna e que parte dos seus centros de interese .

O noso modelo educativo basease nos seguintes principios:

  • Inclusión: tendo en conta a presencia, a participación e a aprendizaxe das persoas na súa contorna, coa finalidade de poder desenvolverse no seu contexto.
  • Perspectiva multidisplinar: atención desde diferentes servizos como, fisioterapia, logopedia, psicoloxía, pedagoxía, que axudan a prestar os apoios que sexan necesarios os alumnos/as.
  • Educar para a vida desde unha perspectiva integral: non orientada exclusivamente na capacitación, senón en vivir unha vida plena, o que implica desenvolver competencias útiles para a vida, que permitan obter resultados vitais e persoais. Non educar só para a escola e o currículo, senón educar para “Construír vidas”. Educar para unha vida de calidade máis alá dos muros do centro.
  • Personalizar a aprendizaxe: ofrecendo a cada alumno/a o que necesita aprender, deseñando acción orientadas ás construcións de competencias/habilidades.
  • Habilitar para a participación na comunidade: tendo en conta que os espazos ensinanza-aprendizaxe van máis alá do espazo aula e entorno colexio, é necesario que o propio entorno comunitario se converta nun espazo de aprendizaxe.
  • Establecer canles de colaboración ca familia, para aunar esforzos.
  • Colaboración cos centros de referencia, no caso dunha escolarización combinada.


Servizos

  Para conseguir estes principios ofrecemos:

  1. Personalizar a aprendizaxe para os alumnos/as (partindo dos seus centros de interese e as súas necesidades individuais)
  2. Participar de forma activa nas actividades (brindando os apoios que sexan necesarios)
  3. Centrarse nas capacidades, necesidades, e intereses de cada alumno/a
  4. Ter en conta o ritmo de aprendizaxe de cada alumno/a
  5. Establecer unha metodoloxía flexible, motivadora e vivencial
  6. Crear un entorno acolledor e seguro
  7. Trazar itinerarios formativos que persigan obxectivos claros e concretos
  8. Mellorar aspectos de crecemento persoal
  9. Adaptar o contexto para maior participación e acceso a sociedade
  10. Priorizar aprendizaxes significativos e funcionais, aplicables a diferentes contextos e situacións
  11. Ofrecer os apoios (tanto humanos como técnicos) para que os alumnos/as poidan desenvolver unha vida plena.
En definitiva queremos ser un centro de calidade educativa para o alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) na comarca de Bergantiños, procurando un ambiente acolledor e de respecto que integre activamente ás familias. Sempre en continua busca de recursos, melloras e formación que favorezan o desenvolvemento integral do alumnado.


Horarios e matrícula

A Brea, 15100 Carballo (A Coruña)
Tfno: 981 702 606
Fax: 981 755 888 
Email: centroeducativo@aspaber.com
                                                                                                          


Descargas

Imaxes



Novas

  • Xosé Ramón Gayoso visita o cole de ASPABER

    15 de maio de 2023

    Aproveitando a participación de Xosé Ramón Gayoso no acto homenaxe a Carlos O Xestal, que tivo lugar na Praza do Concello de Carballo, recibimos no centro a visita do noso presentador de televisión...

  • Así bailaba así, así...

    10 de marzo de 2023

    Análise do papel da muller a través dun video mediante diferentes versións de cancións moi populares interpretadas polo alumnado do Centro Educativo ASPABER para o 8 de Marzo.

  • Celebrando o Nadal no Centro Educativo ASPABER

    22 de decembro de 2022

    Estimados amigos e amigas, hoxe queremos dar a despedida do primeiro trimestre compartindo con todos vós os videos que realizamos nas tres aulas do centro educativo, no que puxemos toda a nosa ilusión e esforzo para...



Ver máis novas »