ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños


Novas

Materiais didácticos elaborados por alumnado universitario da USC para ASPABER: Unha colaboración renovada

22 de decembro de 2023   -    Do sector

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (ASPABER) continúan coa súa alianza para a creación de materiais didácticos adaptados destinados ás persoas con diversidade funcional de todas  as unidades, áreas e servizos da entidade.

Ler máis »

Nace a Rede Tool Lab para a transformación da cultura organizativa no sector da discapacidade

19 de setembro de 2023   -    Do sector

A iniciativa está financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social a través do PERTE da Economía Social. 

Promover un cambio radical nos modelos organizativos e de xestión das entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos a persoas con discapacidade. Este é o obxectivo principal de “TooL Lab: Think Tank de transformación da Economía social dos máis vulnerables”.

Ler máis »

Xosé Ramón Gayoso visita o cole de ASPABER

15 de maio de 2023   -    Centro Educativo

Aproveitando a participación de Xosé Ramón Gayoso no acto homenaxe a Carlos O Xestal, que tivo lugar na Praza do Concello de Carballo, recibimos no centro a visita do noso presentador de televisión favorito, que nos acompañou cantando as nosas cancións preferidas.

Ler máis »

Materiais didácticos para o alumnado e profesorado de ASPABER

23 de decembro de 2022   -    Do sector

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e ASPABER unen forzas para a creación de materiais didácticos dirixidos a persoas con diversidade funcional asociadas a dificultades cognitivas.

A comezos do curso escolar 2022-2023 a USC e ASPABER coinciden na necesidade da posta en marcha dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) dada a escaseza de recursos educativos para traballar con alumnado con diversidade e a ausencia de cursos formativos para os profesionais que traballan neste sector.

Ler máis »

Celebrando o Nadal no Centro Educativo ASPABER

22 de decembro de 2022   -    Centro Educativo

Estimados amigos e amigas, hoxe queremos dar a despedida do primeiro trimestre compartindo con todos vós os videos que realizamos nas tres aulas do centro educativo, no que puxemos toda a nosa ilusión e esforzo para desexarvos un feliz 2023 cheo de saúde e amor para todos e todas. ¡Felices festas!

Ler máis »

Os alumnos/as do Centro Educativo ASPABER lembran o Pretige

11 de novembro de 2022   -    Centro Educativo

O 13 de novembro de 2002, o petroleiro Prestige sufriu unha vía de auga cando navegaba preto das costas de Finisterre cargado con 77.000 toneladas de fuel, provocando unha das maiores catástrofes ambientais en España e hoxe dende o centro educativo lembramos esta catástrofe e 20 anos despois tamén dicimos ... ¡NUNCA MÁIS !

Ler máis »

O acceso e uso das novas tecnoloxías son os retos de futuro dos profesionais de ASPABER e St. Ita’s de Drogheda

21 de setembro de 2022   -    Do sector

Logo da reunión celebrada no día de onte entre profesionais do Centro de Educación Especial St. Ita’s - Drogheda (Irlanda) e profesionais de ASPABER nas instalacións da propia entidade carballesa, na que ambas organizacións compartiron os retos actuáis cos que se atopan as persoas con necesidades educativas especiais no acceso e uso das novas tecnoloxías, poidéronse establecer líñas comúns de actuación e colaboración entre ambas entidades onde ASPABER xa ten unha experiencia e percorrido feito a través doutras colaboracións.

Ler máis »

ASPABER inicia un novo proxecto de colaboración coa USC

15 de setembro de 2022   -    Do sector

Profesionais de ASPABER estiveron no día de onte na Universidade de Santiago de Compostela (USC) para iniciar un novo proxecto de colaboración coa USC a través da creación de 2 APS (prácticas educativas nas que o alumnado aprende mentres actúa sobre necesidades reais dun entorno)

Ler máis »