25 de maio de 2016

O C.E.E. Aspaber S.L. encargarase da limpeza das 5 naves do Forum Carballo

A mesa de contratación do Concello de Carballo decidiu adxudicar a limpeza dalgúns dos seus edificios municipais ao CEE Aspaber SL, despois de valorar a proposta do CEE Aspaber como a mellor entre todas as que se presentaron a concurso, todas elas de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

Esta concesión terá unha vixencia de seis anos e comprenderá a limpeza da Casa do Concello, as dependencias de Servizos Sociais, (as cales se continuará dando servizo tal e como se estaba a facer dende o ano 2014), o Forum, as dependencias de Protección civil así como as da Brigada de Obras e o Centro de Formación de A Cristina.

Deste xeito o servizo de limpeza de edificios administrativos do CEE Aspaber SL esténdese aos que xa está a desempeñar na actualidade nos centros educativos dos colexios Fogar, Bergantiños, San Luís Romero, Nétoma-Razo ademáis das escolas unitarias e do CRA Ponte da Pedra,  consolídandose e poñendo en valor o traballo das persoas con discapacidade no mundo laboral e conseguindo pouco a pouco o obxetivo principal que non é outro que a inserción laboral plena.

Este novo logro do CEE Aspaber SL repercutirá na creación duns aproximadamente 5 novos postos de traballo para persoas con discapacidade que pasarán a formar parte dunha plantilla máis ampla que, xa na actualidade, conta con 38 traballadores que desenvolven as súas funcións en diferentes ámbitos (limpeza viaria, xestión de puntos limpos, …).