25 abr

A FP Dual Adaptada impartida en ASPABER estivo presente na II Feira de Emprego e a Formación “Sinerxias”

Por segundo ano consecutivo, e grazas á invitación da comunidade de propietarios do Poligono de Carballo, profesores/as e alumnos/as da FP Dual Adaptada de ASPABER participaron na II Feira de Emprego "Sinerxias | Empresa, emprego e territorio", un espazo de encontro entre centros de formación, empresas e demandantes de emprego, no que asistiron entorno a 25 entidades relacionadas co mundo laboral.

Ler máis »
24 abr

ASPABER participa no proxecto Dual-AD financiado polo programa Erasmus+ da UE

Durante 5 días entorno a unhas 50 persoas entre formadores, aprendices con discapacidade intelectual e persoal de apoio, estiveron na Fundación Sment (Mallorca) para participar no proxecto europeo Dual-AD.

Ler máis »
10 abr

O CEE ASPABER asina o contrato de concesión de limpeza viaria do Concello de Carballo por 10 anos

Hoxe tivo lugar a sinatura do contrato de prestación de servizos de limpeza viaria que foi adxudicada o Centro Especial de Emprego Aspaber S.L. 

O orzamento do contrato é de: 555.865,57 euros anuais.
Duración do contrato: 10 anos.
Nº de traballadores empregados: 27.

Ler máis »
05 mar

Comeza unha nova promoción de FP Dual Adaptada en ASPABER

Dende este ano estase a formar en ASPABER ós alumnos do 2º proxecto 2024-2027 da “FP Dual Adaptada para persoas con Discapacidade Intelectual”, no perfil de “Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais”.

Ler máis »
17 nov

A Asociación ASPABER aposta pola Formación Dual Adaptada para persoas con capacidades diferentes

ASPABER está levando a cabo o proceso de selección, para ocupar 10 prazas, destinadas a participar no novo curso 2023-2026 de formación dual para persoas con diversidade intelectual, no perfil de “Limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais”.

Ler máis »
21 abr

A Xunta pon en valor en Mallorca o programa de formación dual co que está a mellorar as oportunidades laborais das persoas con discapacidade

Nota de prensa publicada pola XUNTA DE GALICIA

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou en Palma de Mallorca nunha xornada de intercambio organizada pola Fundación Amadip-Esment e a patronal da discapacidade FoQUA

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe en Palma de Mallorca nunha xornada de intercambio de experiencias sobre emprego inclusivo, na que puxo en valor o programa galego trianual de formación dual dirixido a persoas con discapacidade intelectual ao que a Xunta destinará este 2023 medio millón de euros.

Ler máis »
17 feb

ASPABER en Mallorca para falar de concertación social para o emprego

A Xerente da asociación ASPABER, Dolores Fernández García, participa este venres en Palma de Mallorca nunha mesa redonda titulada “A concertación dos servizos de orientación laboral: o camiño da colaboración público-privada”. A mesa celébrase no marco da xornada de presentación do Concerto dos servizos de orientación laboral no ámbito do Terceiro sector de acción social, que organiza o Goberno autonómico das Illas Baleares.  Fernández García asistirá ao evento en calidade de Presidenta de IN-RED: Asociación empresarial galega de entidades non lucrativas da discapacidade.

Ler máis »
26 out

Santiago debate sobre FP Dual adaptada e inserción laboral de persoas con discapacidade

Nota de prensa publicada por IN-RED Galicia.

A xornada foi organizada por IN-RED, asociación empresarial galega da discapacidade.

O edificio CERSIA Empresa de Santiago de Compostela foi onte o escenario da xornada “Para un novo modelo de inserción laboral basado na FP Dual Adaptada nos Centros especiais de emprego de iniciativa social”, organizada pola patronal galega da discapacidade IN-RED co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia. O evento enmarcase no programa de iniciativas para celebrar Santiago como capital española da economía social para o 2022.

Ler máis »
29 set

ASPABER visibiliza a economía social na I Feira de Emprego e a Formación celebrada no Polígono Industrial de Carballo

Durante a xornada de onte no Centro Social de Bértoa tivo lugar a I Feira de Emprego e a Formación, organizada pola comunidade de propietarios do Polígono Empresarial de Carballo co patrocinio do Concello de Carballo, na que ASPABER xunto a outras empresas de diferentes sectores tratou de fomentar o emprego e amosar a capacitación das persoas a través da formación.

Ler máis »
02 nov

O CEE ASPABER gana de novo o contrato de limpeza viaria do Concello da Laracha

A directora do Centro Especial de Emprego ASPABER, Dolores Fernández, acompañada do presidente da entidade, Rufino Fraga reuniuse no día de onte co alcalde da Laracha José Manuel López Varela e membros da súa corporación para asinar o novo contrato de limpeza viaria por un período de catro anos, prorrogables por outros dous.

Ler máis »
07 xuñ

«Queremos que Carballo sexa referencia en limpeza de rúas»

Nova publicada por La Voz de Galicia – CARBALLO -  05/06/2021.

Os excrementos dos cans, motivo dunha nova campaña polo Día Mundial do Medio Ambiente.

Se o teu can pode presumir de ti, todos poderemos presumir de Carballo. Esta, cargada de significado, é a mensaxe final do spot que a compañía Galeatro articulou para a nova campaña medioambiental impulsada polo Concello de Carballo e presentada este sábado, Día Mundial do Medio Ambiente. Despois da sensibilización xa sobre colillas, pipas ou máscaras, como lembrou o edil Miguel Vales, este ano o tema é a necesaria recollida dos excrementos dos cans por parte dos seus propietarios. A súa presenza en beirarúas e zonas verdes (de aí o título do spot e lema da campaña, Non máis minas pola rúa) é un dos principais problemas do servicio de limpieza viaria e da brigada de xardíns.

Ler máis »
25 mar

O CEE ASPABER adhírese ao Pacto Mundial das Nacións Unidas

No 2015 a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sostible, unha oportunidade para que os países e as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar a vida de todos.

Ler máis »