O Centro Educativo Aspaber (CEEPR ASPABER) é un centro de educación especial que está na Brea (Carballo). Nace no ano 2017 como parte da Asociación Aspaber, e ofrece unha atención educativa adaptada ó alumnado con necesidades educativas especiais de entre 3 e 21 anos.
O noso obxectivo:
É dar os apoios necesarios tanto o alumnado como as súas familias e ofrecer os servizos necesarios a cada alumno/a tendo en conta as súas características e necesidades, o que lle permite desenvolver as súas capacidades ó máximo para poder realizar o seu proxecto de vida.
Que ofrecemos:
O centro educativo ASPABER busca que ó seu alumnado aprenda mediante unha experiencia vivencial, activa, onde o alumnos/as marquen o propio ritmo de aprendizaxe, centrándose non seus intereses, é dicir onde o alumno/a sexa o protagonista.
O noso modelo educativo basease nos seguintes principios:
- Inclusión: tendo en conta a presencia, a participación e o aprendizaxe das persoas na súa contorna , co fin de desenvolverse no seu ambiente.
- Perspectiva multidisplinar: atención desde diferentes servizos como, fisioterapia, logopedia, psicoloxía, pedagoxía. Que axudan a prestar os apoios que sexan necesarios os alumnos/as.
- Educar para a vida desde unha perspectiva integral: Non educar só para a escola, senón educar para “Construír vidas”. Educar para unha vida de calidade máis alá dos muros do centro.
- Personalizar a aprendizaxe: ofrecendo a cada alumno/a o que necesita aprender, deseñando accións orientadas ás construcións de competencias/habilidades.
- Habilitar para a participación na comunidade: tendo en conta que os espazos ensinanza-aprendizaxe van máis alá do espazo do propio colexio, senón que é necesario que a propia contorna comunitaria se converta tamén en centro de aprendizaxe.
- Establecer canles de colaboración ca familia, para sumar esforzos.
- Colaboración cos centros de referencia, no caso dunha escolarización combinada
SERVIZOS EDUCATIVOS:- Mestra de audición e linguaxe
- Mestra de educación especial
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:- A.T.E (auxiliar técnico educativo)
- Fisioterapia
- Logopedia
- Psicoloxía
- Pedagoxía
- Traballadora social
Para conseguir estes principios ofrecemos: 1) Personalizar a aprendizaxe para os alumnos/as (partindo dos seus centro de interese e as súa necesidades e características individuais)
2) Participar de forma activa nas actividades (brindando os apoios que sexan necesarios)
3) Centrarse nas capacidades, necesidades, e intereses de cada alumno/a
4) Ter en conta o ritmo de aprendizaxe de cada alumno/a
5) Establecer unha forma de aprender que sexa flexible, motivadora e vivencial
6) Crear un ambiente acolledor e seguro
7) Facer un traballo individualizado para conseguir obxectivos claros e concretos
8) Mellorar aspectos a nivel persoal
9) Adaptar o contexto para unha maior participación/inclusión na sociedade
10) Dar prioridade as aprendizaxes significativas e funcionais, para que despois se poidan aplicar a outras situacións
11) Ofrecer os apoios (tanto humanos como técnicos) para que os alumnos/as poidan desenvolver unha vida plena.
En definitiva queremos ser un centro de calidade educativa para o alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) na comarca de Bergantiños, procurando un ambiente acolledor e de respecto que integre activamente ás familias. Sempre en continua busca de recursos, melloras e formación que favorezan o desenvolvemento total dos alumnos/as.
HORARIO LECTIVO: De 9:00 a 14:00 horas
HORARIO DE COMEDOR: De 14:00 a 15:00 horas
MATRÍCULA: Para a escolarización neste centro será preciso o ditame de escolarización emitido polo servicio de orientación, co informe do servicio de inspección educativa e previa manifestación por escrito da vontade dos pais, nais ou titores.
A Brea, 15100 Carballo (A Coruña)
Tfno: 981 702 606
Fax: 981 755 888
Email: centroeducativo@aspaber.com