10 de marzo de 2023 - Centro Educativo
Análise do papel da muller a través dun video mediante diferentes versións de cancións moi populares interpretadas polo alumnado do Centro Educativo ASPABER para o 8 de Marzo.
Ler máis »10 de marzo de 2023 - Centro Educativo
Análise do papel da muller a través dun video mediante diferentes versións de cancións moi populares interpretadas polo alumnado do Centro Educativo ASPABER para o 8 de Marzo.
Ler máis »23 de decembro de 2022 - Do sector
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e ASPABER unen forzas para a creación de materiais didácticos dirixidos a persoas con diversidade funcional asociadas a dificultades cognitivas.
A comezos do curso escolar 2022-2023 a USC e ASPABER coinciden na necesidade da posta en marcha dun proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) dada a escaseza de recursos educativos para traballar con alumnado con diversidade e a ausencia de cursos formativos para os profesionais que traballan neste sector.
22 de decembro de 2022 - Centro Educativo
Estimados amigos e amigas, hoxe queremos dar a despedida do primeiro trimestre compartindo con todos vós os videos que realizamos nas tres aulas do centro educativo, no que puxemos toda a nosa ilusión e esforzo para desexarvos un feliz 2023 cheo de saúde e amor para todos e todas. ¡Felices festas!
Ler máis »20 de decembro de 2022 - Do sector
O pasado sábado no Pazo da Cultura de Carballo volvéronse a congregar usuarios/as, familias e persoal de ASPABER para celebrar de novo o Festival de Nadal da entidade logo de dous anos de parón por motivo da covid-19.
Ler máis »25 de novembro de 2022 - Centro Educativo
O alumnado do CEEPR ASPABER elaborou un video conmemorativo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Ler máis »11 de novembro de 2022 - Centro Educativo
O 13 de novembro de 2002, o petroleiro Prestige sufriu unha vía de auga cando navegaba preto das costas de Finisterre cargado con 77.000 toneladas de fuel, provocando unha das maiores catástrofes ambientais en España e hoxe dende o centro educativo lembramos esta catástrofe e 20 anos despois tamén dicimos ... ¡NUNCA MÁIS !
Ler máis »21 de setembro de 2022 - Do sector
Logo da reunión celebrada no día de onte entre profesionais do Centro de Educación Especial St. Ita’s - Drogheda (Irlanda) e profesionais de ASPABER nas instalacións da propia entidade carballesa, na que ambas organizacións compartiron os retos actuáis cos que se atopan as persoas con necesidades educativas especiais no acceso e uso das novas tecnoloxías, poidéronse establecer líñas comúns de actuación e colaboración entre ambas entidades onde ASPABER xa ten unha experiencia e percorrido feito a través doutras colaboracións.
Ler máis »15 de setembro de 2022 - Do sector
Profesionais de ASPABER estiveron no día de onte na Universidade de Santiago de Compostela (USC) para iniciar un novo proxecto de colaboración coa USC a través da creación de 2 APS (prácticas educativas nas que o alumnado aprende mentres actúa sobre necesidades reais dun entorno)
Ler máis »22 de xullo de 2022 - Do sector
Esta mañá o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, procedeu á entrega dun novo vehículo de transporte adaptado de 18 prazas á entidade social ASPABER, dentro do acordo marco da Deputación provincial para suministración de vehículos a entidades sen ánimo de lucro.
Ler máis »22 de xuño de 2022 - Centro Educativo
Redacción realizada polo alumnado. O xoves 16 de xuño fomos de excursión ás Torres do Allo en Zas. Antes de chegar ao Pazo pasamos por unha entrada de árbores que era moi bonita. Cando chegamos ao Pazo baixamos das furgonetas e collemos as mochilas coa merenda. Merendamos no xardín das Torres do Allo. Despois fixemos unha actividade sobre Victor Seoane, a última persoa que viviu no Pazo, estudaba a natureza.
Ler máis »22 de xuño de 2022 - Centro Educativo
Redacción realizada polo alumnado. Ese día traballamos de distinta forma porque xogamos a xogos con auga. Xogos de esponxas, ao tobogán de auga, a lanzamentos de globos de auga. As esponxas eran de moitas cores, tivemos que pasarnos as esponxas de auga mentras nos mollaban as profes e Zaira con pistolas de auga, Sergio axudaba a rellenalas.
Ler máis »22 de abril de 2022 - Centro Educativo
Este venres 22 de abril, celebrouse en Carballo a presentación das conclusións do proxecto Erasmus+ ACADAS, que estivo liderado por Aspaber durante os 2 últimos anos e en coordinación con outras entidades europeas do sector da discapacidade de: Italia, Grecia, Turquía, Croacia e Irlanda.
Ler máis »