Formacion adaptada ás persoas con discapacidade
18 de xuño de 2026
Dende 2019, o centro especial de emprego Aspaber, de Carballo formou a 20 persoas grazas aos programas de FP Dual Adaptada
A Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños nace no ano 1976.
É unha asociación aberta e plural, en continuo proceso de adaptación ante a realidade e necesidades das persoas con discapacidade intelectual.
A súa misión é contribuír a que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias dispoñan dos apoios necesarios para poder desenvolver o seu proxecto de vida e lograr a súa inclusión como cidadáns.