2018 - Proxecto: Persoas diversas + Confrarías = Economía circular
OBXECTO: O proxecto levará a cabo a mellora das instalacións do taller de reparación de envases que a entidade ten nas instalacións de A Brea, para así poder atender á demanda de novos clientes coa instalación dun comprensor, que vai dotado dun calentador e a instalación dunha tubería de aire que abastece os postos de traballo.
Os obxectivos xerais do proxecto son poñer a disposición dás lonxas, industrias conserveiras e portos, da zona GALP Costa da Morte un novo servizo de reparación de envases de peixe colectores, etc; evitando que unha vez que estas se deterioren poidan ser reutilizadas, poñendo así en valor a economía recircular.
IMPORTE DO PROXECTO: 15.615,05 €
COFINANCIADORES:
- GALP: 14.053,55 €
Proxecto subvencionado nun 90% no marco da Prioridade 4 do FEMP, aplicación da EDLP dos GALP, cofinanciado polo FEMP nun 85% e Xunta de Galicia nun 15%.