ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Programa "Aspaber na casa"

Programa "Aspaber na casa" Apoios no fogar a usuarios e ás suas familias

Dende que se decretou o estado de alarma (Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo), os usuarios de ASPABER deixaron de asistir, traballar e participar no noso centro e na comunidade, rompéndose as súas rutinas, e supoñendo un desafío para o seu benestar emocional.

O apoio ás personas usuarias e ás súas familias segue a ser a prioridade de ASPABER. A situación xenerada ante o COVID-19, fai que teñamos que reorganizarnos, e adaptarnos á nova situación, plantexándonos unha nova metodoloxía que permita facer chegar Aspaber a todos os fogares, tendo en conta que cada persoa é diferente e polo tanto os apoios deben ser tamén distintos.

O programa “Aspaber na casa” pretende achegar ós fogares dos nosos usuarios e usuarias e as súas familias parte dos contidos que tiñan establecidos nos seus Programas de Desenrolo Individual, de maneira presencial e telemática, intentando establecer rutinas que favorezan a súa calidade de vida e que permitan reducir o impacto que está a producir o confinamento que temos que gardar polo COVID-19 nas nosas familias.

Queremos transmitir que ASPABER segue formando parte da rede de apoio de todos os nosos usuarios e usuarias e das súas familias, buscando detectar as necesidades derivadas desta situación e poder ofrecer deste xeito os apoios axustados e personalizados a cada persoa.


XUSTIFICACIÓN

Ante a nova situación xenerada polo estado de alarma, nun primeiro momento, desde Aspaber, contactamos telefónicamente con tódalas nosas familias e usuarios para analizar as súas necesidades, dúbidas, demandas e poder escoitar todas as súas preocupacións.

Unha vez valoradas todas estas aportacións, elaboramos unha proposta de modelo de atención personalizada “ASPABER NA CASA”, tendo en conta os recursos cos que contamos e os das familias, para poder dar os apoios e ir adaptándonos ás necesidades que vaian xurdindo.


OBXECTIVOS

    • Proporcionar información e asesoramento ante esta nova situación.

    • Reorganizar e personalizar os apoios adaptando os recursos que podemos ofrecer ás personas para garantir un adecuado benestar emocional e físico dos nosos usuarios.

    • Acompañamento social para todas as familias e usuarios e usuarias do centro, detectando necesidades, e apoiando en xestión e coordinación con outros servicios comunitarios: servicios sanitarios, servicios sociales e outros que lle poidan xurdir as familias…, para acceder a recursos esenciales con eficacia e garantía.

    • Acompañamento psicolóxico personalizado a través do teléfono: préstase apoio emocional, información e orientación sobre os distintos aspectos relacionados co benestar da persona e da súa familia.

    • Proporcionar material pedagóxico e de estimulación cognitiva personalizado

    • Proporcionar material de lecer adecuado e adaptado ás necesidades de cada usuario.

    • Manter a actividade física a través de pequenas rutinas de exercicios.

    • Poñer a disposición das familias un servicio de apoio tales como: saídas terapéuticas, atención no fogar…


    Programa "Aspaber na casa" Apoios presenciais en función das necesidades

    METODOLOXÍA

    A forma de facer chegar os recursos a cada persona pode ser de varios tipos:

    • Online/telemática/telefónica: facilitando actividades, materiais pedagóxicos e de lecer, recursos e enlaces web, etc.

    • Presencial: os apoios presenciales diseñaranse en función das necesidades de cada persoa e familia, e levaranse a cabo co mínimo contacto entre os profesionais e a persona usuaria e a súa familia, para o cal se establece un protocolo de entrega de material a domicilio (ver Anexo 1: protocolo de reparto de material a domicilio), que cumpra sempre coas normas básicas de protección e hixiene (distancia social, material de protección, hixiene de máns,)

    • Atención individualizada a través de contacto telefónico: A metodoloxía é flexible, e empregarase un tipo ou outro en función das preferencias e necesidades de cada usuario e familia, e sempre cumplindo as medidas de protección.

    Realizarase unha proposta de programación semanal de actividades e de visitas e chamadas telefónicas co fin de poder chegar a todos os nosos usuarios en función dos apoios que precisan.

    Farase un seguemento do programa de forma diaria, para poder ir adaptándonos e reorganizándonos en función das necesidades e dificultades que vaian xurdindo.

    Todo o equipo de profesionais que compón Aspaber participará aportando o seu compromiso, creatividade e flexibilidade para o bó desenrolo do programa.

     • Grupos de Difusión: Empregaranse estos grupos donde se ten en conta a lei de Protección de Datos para facer chegar os vídeos das grabacións dos vídeos de:

    - Ximnasia
    - CociÑa
    - Retos
    - Exercicios das actividades dos Programas Lúdico-Deportivos


    Descargas

    Imaxes



    Novas

    • Iniciamos o programa "Aspaber na casa"

      20 de abril de 2020

      O apoio ás personas usuarias e ás súas familias segue a ser a prioridade de Aspaber. A situación xerada ante o COVID-19, fai que teñamos que reorganizarnos, e adaptarnos á nova...

    • Presentación do proxecto ACADAS

      14 de novembro de 2019

      Hoxe ás 11:00 h. tivo lugar no Concello de Carballo a presentación do proxecto europeo ACADAS (Alianza para o Recoñecemento inClusivo de méritos eDucacionais). Este é un...



    Ver máis novas »