ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Empeza a formación en Aspaber para preparar unha oposición de ordenanza

2 de marzo de 2016   -    Dos programas

Formación en Aspaber para preparar unha oposición de ordenanza Usuari@s de Aspaber na xornada inaugural da formación

Onte 1 de marzo deu comezo un programa formativo destinado a un grupo de 13 usuari@s da Asociación, coa finalidade de presentarse máis preparados e afrontar con mellores garantías as probas á oposición de emprego público para persoas con discapacidade intelectual, na modalidade de axudante de xestión e servizos comúns (ordenanza), onde a oferta para o 2016 é de 1 praza para a provincia da Coruña e outras 5 máis repartidas entre as restantes provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para esta formación contamos coa colaboración de FADEMGA Plena Inclusión Galicia, que vai ser quen imparta estas xornadas formativas destinadas a preparar os exames e apoiar aos opositores en todo o proceso; dende a formalización da solicitude ata a presentación de alegacións a listas ou a documentación referida á formación e experiencia de cada aspirante para o concurso ademáis de acompañalos ao lugar onde se realizarán os exames.

Este programa formativo está previsto que se desenvolva nas instalacións de Aspaber todos os martes de 10:00 h. a 14:00 h. ata preto da data dos exames, que serán aproximadamente a mediados de setembro.

O extenso temario desta formación comprende casos prácticos e exemplos de exames, que tamén se poden atopar na Plataforma de formación de Plena Inclusión, á cal se pode acceder dende a ligazón inferior incluída nesta nova.

Os custos derivados desta formación correrán a cargo de Aspaber neste primeiro ano, como unha experiencia piloto que se quere levar a cabo coa intención de que ésta sexa outra vía máis para a consecución da integración laboral.


Ligazóns




ISO 9001