ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

ASPABER participa no seminario FOCA

21 de novembro de 2016   -    Do sector

9ª Xornadas FOCA 9ª Xornadas FOCA

Baixo o título de "biodiversidad y tradición", invitados pola Asociacion ASPRODES  de Salamanca, asistimos a pasada semana ás 9ª Xornadas FOCA nas que tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man o proxecto ALTAIR , un espazo de turismo rural, en donde buscan conectar o concepto da diversidade e tradición.

As xornadas de traballo, comenzaron con unha conferencia inaugural “Diviersidad biologica, cultural y humana: los valores de lo diverso” dando paso a continuación ás  mesas redondas nas que estiveron presentes a Administracion de Castilla Leon e do Consell Balear, nas que se tratou o tema “Que tienen que hacer las organizacions y las administraciones para avanzar", un modelo de apoios centrados en cada persoa. Tivemos a oportunidade de coñecer as experiencias de diferentes organizacións nas que traballan  con catro bloques fundamentais: Liderazgo e persoas, recursos, clientes, sociedade e alianzas.