ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Aspaber asina un compromiso co I.E.S. Monteneme de Carballo para participar nun proxecto de innovación

6 de febreiro de 2017   -    Do sector

Aspaber asina un compromiso co I.E.S. Monteneme de Carballo para participar nun proxecto de innovación I.E.S. Monteneme (Carballo)

O pasado 26 de xaneiro, representantes de Aspaber procederon a asinar o compromiso como institución participante no proxecto de innovación “Ti2=i”, presentado e coordinado polo IES Monteneme de Carballo, segundo a resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para o desenvolvemento de proxectos de innovación didáctica no ámbito da formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Con esta iniciativa preténdese mellorar a calidade da formación, a empregabilidade e a inserción laboral do alumnado, favorecendo o emprendemento e a aparición de novas  iniciativas empresariais.

Próximamente unha comisión de selección de Formación Profesional acudirá ás instalacións de Aspaber, para valorar os medios e recursos disponibles coa finalidade de desenvolver este proxecto.