ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Aspaber participa no "III Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade" da Asociación Aloumiños

24 de abril de 2017   -    Do sector

Aspaber participa no "III Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade" da Asociación Aloumiños Ponencia "Unha viaxe inesperada e un mundo a descubrir cheo de capacidades"

En colaboración coa Asociación Aloumiños a directora de Aspaber Dolores Fernández, acompañada das psicólogas da entidade Mª Carmen Trigo e Irene Rama, impartiron o pasado venres as 19:00 h. no Centro Cívico de Malpica de Bergantiños a ponencia "Unha viaxe inesperada e un mundo a descubrir cheo de capacidades", penúltimo acto do "III Programa de Educación Familiar e Socialización para a Diversidade" que a Asociación Aloumiños ven desenvolvendo dende finais do pasado ano en diferentes concellos da Costa da Morte e que vai dirixido a todas as familias de persoas con necesidades específicas.

A ponencia consistiu en acercar a experiencia da Asociación Aspaber, como un equipo de persoas que apoian a persoas para o seu desenvolvemento tendo en conta as súas capacidades, e poñendo como evidencia o traballo que se desenvolve actualmente na entidade.

Na última parte da charla falouse sobre o presente e futuro da asociación, poñendo énfase na necesidade de que as persoas poidan ter unha acreditación da formación profesional que reciben. Toda esta información foi acollida con moito interese por parte dos asistentes.

Para finalizar a ponencia abriuse un turno de consultas no que os asistentes foron moi participativos, expoñendo sobre todo, as necesidades das persoas no eido educativo. A esta cuestión, dende Aspaber respostouse que “se está a traballar en levar os equipos especializados de profesionais e os servizos a onde a persoa os necesite e en todas as etapas da súa vida”.


Imaxes