ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Presentación da concesión de limpeza viaria do Concello de Carballo ao C.E.E. Aspaber

19 de maio de 2017   -    Novas

Presentación da concesión de limpeza viaria do Concello de Carballo ao C.E.E. Aspaber Acto de presentación na praza do FORUM CARBALLO

Esta mañá realizouse a presentación á cidadanía dos medios técnicos e humanos cos que o Centro Especial de Emprego Aspaber desenvolverá a concesión de limpeza viaria do Concello de Carballo durante os próximos 4 anos.

Ao acto, celebrado na praza do Fórum, asistiron diversas autoridades, como o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, que destacou como a acción máis destacada dos seus 14 anos de goberno que o Centro Especial de Emprego se encargue non só da limpeza viaria do Concello, senón tamén da limpeza de diversos edificios municipais e dos centros de ensino. Tamén asistiu a Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, que destacou a aposta e gran labor de Aspaber na inserción laboral das persoas con discapacidade.

A concesión ten un orzamento anual de 356.344,91€ e empregará de xeito directo a 20 persoas, máis unha unidade de apoio formada por outras 4 persoas. Esta concesión é un grande fito para o CEE Aspaber, que conta na actualidade cun total de 48 persoas contratadas, 41 delas con algún tipo de discapacidade e que xa realiza a limpeza viaria dos concellos da Laracha e de Malpica.

Previamente ao acto, as autoridades realizaron unha visita ás instalacións de Aspaber en A Brea, onde puideron comprobar de primeira man o gran traballo que se realiza nos diferentes talleres do Centro Especial de Emprego.


Imaxes