ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O concello da Laracha prorroga dous anos máis o contrato de xestión do Punto Limpo e Limpeza Viaria ao CEE Aspaber

23 de outubro de 2017   -    Novas

O concello da Laracha prorroga dous anos máis o contrato de xestión do Punto Limpo e Limpeza Viaria  ao CEE Aspaber Instalacións do Punto Limpo da Laracha

O pasado xoves a xunta de goberno local acordou facer efectiva a prórroga de dous anos establecida no contrato inicial asinado aló polo ano 2013 co CEE Aspaber. Este contrato comprende a xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo do municipio, así como as melloras introducidas polo CEE Aspaber de recollida de voluminosos e papel-cartón a pé de rúa.

Os motivos que xustifican esta ampliación, según o concello, foron en primeiro lugar a labor integradora e social realizada polo CEE Aspaber e en segundo lugar a boa xestión dos servizos prestados dende fai catro anos.

Asimesmo, dende o concello destacan do CEE Aspaber o modelo de xestión, a incorporación de nova maquinaria e a ampliación dos servizos a disposición dos veciños do municipio (tales como a oficina de información, a ampliación do horario de apertura do Punto Limpo e o reforzo da limpeza viaria en datas sinaladas, entre outros).


Ligazóns