ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O equipo de baloncesto Aspaber Basket Xiria presenta as súas novas equipacións

16 de novembro de 2017   -    Dos programas

O pasado venres tivo lugar no Polideportivo Bergantiños de Carballo o acto de presentación das novas equipacións do equipo de baloncesto Aspaber Basket Xiria para a campaña 2017-2018, ao que asistiron a directora de Aspaber Dolores Fernández e o membro da xunta directiva da entidade Rufino Fraga, e en representación da escola Basket Xiria estivo presente o presidente Marcos Díaz Molk, o secretario Primitivo X. Reguera e o director deportivo Arturo Ferraces. Tamén asistiron, en apoio ao proxecto de colaboración entre a Escola Basket Xiria e Aspaber, o alcalde de Carballo Evencio Ferrero e o edil de Deportes e Cultura Marcos Trigo.

Este programa de colaboración entre Aspaber e a Escola Basket Xiria vai xa polo sexto ano, e os xogador@s foron en aumento ano a ano ata chegar nesta tempada 2017-2018 aos 21 xogadores máis outros 23 máis, que realizan actividades de iniciación repartidos en dous grupos todos os venres pola mañá.

Para potenciar esta actividade estase a traballar conxuntamente para poder realizar deste xeito partidos amigables contra equipos doutras asociacións de Galicia, conseguindo xa esta tempada algún partido e outros en previsión de que se chegen a disputar.


Ligazóns

Imaxes




ISO 9001