ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Carballo pedirá á Xunta que axilice a modificación puntual do PXOM para ampliar Aspaber

23 de marzo de 2010   -    Do sector

A finais de decembro o Concello carballés reuníuse coa secretaria xeral de Urbanismo, María Encarnación Rivas, para pedirlle que tramitara unha modificación puntual do Plan Xeral vixente que permita a construcción dun centro de día e unha residencia no entorno das instalaciós de Aspaber, a Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños, a través dun cambio na calificación do solo.

Naquel encontro Rivas comprometérase a dar prioridade a esta modificación, pero despóis de tres meses de espera o alcalde, Evencio Ferrero, anunciou que volverá a contactar coa secretaria xeral de Urbanismo para recordarlle a necesidade de axilizar a xestión. Ferrero dixoo onte na reunión que mantivo co presidente de Aspaber, Francisco Costa, a directora do centro, Dolores Fernández e na que tamén participaron a concelleira de Benestar, Dores Silveira e o deputado provincial Xoán Manuel Sande. No encontro Sande tamén fixo pública a intención da Deputación de A Coruña de colaborar na financiación das novas instalacións con unha aportación que aínda está por concretar.

Aspaber contaba cun anteproxecto para a creación da nova residencia valorado en 600.000 euros, ainda que a asociación deberá encargar un novo documento ó ter que adecuar o edificio á normativa actual. Os responsables de Aspaber esperan conseguir varias vías de financiación, ademáis da xa comprometida pola Deputación.