ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Aspaber promove un curso formativo sobre sistemas alternativos de comunicación

19 de maio de 2010   -    Do sector

Aspaber organiza para o venres 21 de maio un curso de formación no que se pretende dar a coñecer «as distintas maneiras e os distintos recursos cos que se pode traballar coas persoas gravemente afectadas na comunicación». En concreto, presentarase o novo software The Grid 2, «chamado a ser a solución para convertir un ordenador ou Tablet PC nun comunicador dinámico, tanto para usuarios de símbolos como de texto ou mixtos». Trátase tamén dunha ferramenta que facilita o acceso ao ordenador a usuarios de ratos de cabeza, mirada ou pantalla táctil.

«Adicionalmente, The Grid 2 permite crear un entorno simplificado e personalizado para cada usuario gracias a que incorpora aplicacións para control de chat, conferencia, control de entorno, envío de SMS, reproducción de archivos multimedia, calculadora, reloxo, envío de e-mails, etc...».

Logopedas, orientadores, profesores de audición e linguaxe e todas as persoas relacionadas co campo da discapacidade son os destinatarios do curso, que ten como obxectivo básico «expoñer unha nova perspectiva dende a que todo o mundo, sen excepción, poida chegar a comunicarse». A iniciativa dividirase en dúas partes. Pola mañá, realizarase unha presentación de materiais adaptados para a comunicación, e pola tarde centraráse de cheo no funcionamento do programa informático The Grid 2. Os asistentes deben levar ordenador portátil. Máis información en Aspaber (981 702 606).