ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

A Obra Social La Caixa aporta 12.000 € ao proxecto educativo de Aspaber

16 de abril de 2018   -    Do sector

A Obra Social La Caixa aporta 12.000 € ao proxecto educativo de Aspaber Acto de presentación das axudas no Concello de Carballo

O pasado venres tivo lugar no Concello de Carballo o acto de presentación das axudas que, un ano máis, Caixabank a través da Obra Social La Caixa destina en favor dos colectivos máis desfavorecidos e/ou en risco de exclusión.

Neste encontro presidido polo alcalde de Carballo Evencio Ferrero e o novo director da área de negocio da Coruña, José Carlos Cobas, e no que tamén estiveron presentes os representantes das asociacións beneficiarias ademais da concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, deuse a coñecer a aportación economica total das axudas que ascende a 53.000 €.

Este importe será repartido entre 7 entidades locais e Aspaber que, como principal beneficiaria, recibe unha dotación económica de 12.000 € que se destinarán á contrucción dunha nova unidade educativa para usuarios/as de 3 a 21 anos.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, agradeceu a Caixabank o seu compromiso co movemento asociativo do municipio e destacou o importante labor desenvolvido polas agrupacións en beneficio de toda a comunidade.

Pola súa banda, o director de negocio de La Caixa manifestou a súa intención de continuar colaborando con novos proxectos e atendendo as demandas das asociacións “porque son as que realmente coñecen de preto as necesidades de todos os veciños e veciñas”.


Visita do director e empregados de Caixabank a Aspaber

A pasada semana o director da entidade Caixabank da rúa Río Anllóns de Carballo José Javier Andrade García acompañado das empregadas, Yolanda Roel Ruíz e Patricia Sánchez Muñíz, visitaron Aspaber para coñecer de preto o traballo realizado na entidade así como o proxecto que se pretende levar a cabo coa construcción dunha nova unidade educativa para usuarios/as de 3 a 21 anos.


Ligazóns

Imaxes