ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O equipo de limpeza viaria do CEE Aspaber informará á hostalería local sobre unha campaña de loita contra as cabichas

14 de decembro de 2018   -    Novas

O equipo de limpeza viaria do CEE Aspaber informará á hostalería local sobre unha campaña de loita contra as  cabichas Evencio Ferrero e Luis Lamas entregaron o material informativo ao equipo de limpeza

Os traballadores do servizo de limpeza viaria, que cada día varren máis de 7.000 cabichas, repartirán unha carta informativa e uns carteis nos establecementos interesados en sumarse a esta iniciativa do Concello de Carballo.

Despois da comprobación deste importante problema medioambiental que supoñen as cabichas arroxadas ao chan no casco urbano, desde o Concello de Carballo púxose en marcha unha campaña para eliminalas ou reducir a súa presenza nas rúas.

Deste xeito e baixo o lema “Manteñamos Carballo Limpo”, a próxima semana comezará esta nova campaña de sensibilización, na que o equipo de limpeza viaria do CEE Aspaber repartirá unha carta informativa e uns carteis nos establecementos hostaleiros locais para intentar contar coa súa colaboración nun problema que afecta a todos e a todas.

A participación na campaña é gratuíta e voluntaria. Simplemente se pretende que os locais de hostalaría contribúan a reducir a presenza de cabichas nas rúas tanto colocando cinceiros no exterior, se é o caso, coma incentivando o seu uso entre a clientela.

As cabichas, é un dos problemas de limpeza viaria que máis reclamacións xeran, e para erradicalo o Concello de Carballo tamén colocará cinceiros no exterior dos edificios públicos.


Ligazóns

Imaxes