ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Aspaber entrega 700 kilos de tapóns para Lola

4 de febreiro de 2014   -    Do sector

Despois de tres meses recollendo tapóns de plástico de envases aportados polos usuarios da Entidade, unha representación destes mesmos usuarios fixeron finalmente a entrega en persoa de varios sacos de tapóns en Cambre, de onde é natural a pequena Lola.

Estes tapóns, xunto con outros moitos, serán reciclados e o que se obteña por eles servirá para axudar económicamente a sufragar os gastos dos tratamentos os que ten que ser sometida Lola.