ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Presentación do proxecto ACADAS

14 de novembro de 2019   -    Dos programas

Presentación do proxecto ACADAS Recibimento dos membros do proxecto ACADAS no Salón de Plenos do Concello de Carballo

Segundo explicou Dolores Fernández, “Actualmente as persoas con discapacidade non soen ter unha titulación académica porque o sistema lles da adaptacións curriculares que permiten a súa escolarización pero non que saquen un título”. Por iso desde Aspaber se entendeu que había que facer algo, e entenderon que o mellor sería un proxecto europeo que permitise analizar as diferentes realidades a nivel europeo e así ser capaces de que durante dous anos o traballo das entidades que forman este proxecto, poidan presentar unha boa práctica que axude á EU e a todos os estados membros, a tomar decisións a prol de que se recoñeza de algún xeito o conseguido polos alumnos e alumnas con discapacidade ao longo da súa escolarización, independentemente de si chegan a titular ou non.

“ACADAS é o nome do proxecto que reflexa moi ben o principal obxectivo do proxecto, analizar como unha persoa acada a CAPACITACIÓN para facer algo, que cada alumno ou alumna poida contar coa súa mochila cargada de capacidades”. “Analizarase por parte dos socios un informe da UE onde se indica que existe un altísimo abandono escolar temperá das persoas con discapacidade o cal desde os socios se ten claro que non é unha análise correcta, se non que é o proxecto quen os exclúe”. Os membros do proxecto foron recibidos no Concello polo Sr. Alcalde de Carballo, D. Evencio Ferrero, o cal destacou o compromiso do Concello de Carballo coas incorporación das persoas con discapacidade á vida cotiá e laboral, despois desprazáronse ata o Museo de Bergantiños onde se lles fixo unha presentación da nosa bisbarra e xa pola tarde as entidades tiveron unha intensa xornada interna de traballo nas instalacións de Aspaber.   

ACTO ABERTO NO FORUM O DÍA 15

O Forum Carballo será sede na mañá do venres día 15 dun acto aberto no Forum de Carballo, no que se tratarán os aspectos principais e se poderá visualizar a situación da educación para discapacidade nos diferentes países participantes, así como os principais retos do proxecto. A este acto están convidadas todas as persoas e entidades interesadas na educación.

O programa da xornada será o seguinte:

9:30 Recepción e entrega de material
10:00 Apertura oficial

-      Benvida do Alcalde de Carballo
-      Benvida por parte de Aspaber
-      Presentación do proxecto ACADAS

10:30 Mesa redonda sobre a situación educativa na UE

Moderadora : Roxana Topciov

-      Galip Karta, Necmettin Erbakan, Universidade de Truquía
-      Francesco Marchionni e Luigi Dell’Aquila, Laboratorio Europeo de Formación, Educación e Cidadanía de Italia.
-      Ellen Harrison e Miceal Mole, da Escola Especial de St. Ita, en Irlanda.
-      Angelina Chysargyri e Dimitra Kyriazopoulou, do Centro de Educación e Rahabilitación para Cegos de Grecia.
-      Klaudija e Marta Karamatic, de Pro Mente Croacia.
-      Susana Villar e Valvanuz Coterillo de Aspaber.

11:30 Descaso para café e networking

12:00 Conferencia “Educación escolar de persoas con discapacidade. Experiencias Persoais”, por Miguel Romero Martínez e Vanesa Rodríguez González.

12:15 Conferencia “ O sistema educativo galego: desde a avaliación da competencia ata a acreditación da competencia”, por Celina Santamaría Recio do Centro de Formación e recursos de A Coruña.

13:00 Conclusións por Dolores Fernández, directora de Aspaber.


Imaxes