O CEE Aspaber extende o servizo de limpeza viaria ao Concello de Zas a través da hixienización e desinfección de beirarrúas e espazos públicos
3 de xuño de 2020 - Novas
Limpeza de beirarrúas e espazos públicos en Baio (Zas)
O Concello de Zas ven de contratar recentemente os servizos do Centro Especial de Emprego Aspaber para desempeñar a limpeza e desinfección das beirarrúas e espazos públicos dos distintos núcleos do Concello.
No día de onte, estes traballos centráronse en Baio, onde o alcalde Manuel Muiño e o tenente de alcalde Oscar Lema supervisaron os traballos realizados polos empregados do CEE Aspaber.
Previamente á esta limpeza, estes espazos e beirarrúas son desinfectados cun limpador orgánico respetuoso co medio ambiente. A composición deste producto natural é a base de ácidos orgánicos débiles e biodegradables que a parte de desinfectar tamén acaban coas malas herbas da rede viaria. Unha iniciativa do Concello de Zas que todavía non é moi utilizada no resto de concellos da comarca.