ASPABER participa no Feirón en rede "Carballo solidario"
31 de marzo de 2025 - Do sector
                                                                                           
                                                                                    Onte celebrouse por primeira vez o Feirón en rede “Carballo solidario” no que ASPABER, xunto con outras entidades sociais da contorna, ofreceu información e amosou a labor social que desenvolve a través dun obradoiro ubicado na praza do concello.
 ASPABER contou cun obradoiro de productos comerciais con contido social: no que usuarios/as da entidade realizaron traballos con productos de escaiola e lá, unha labor que se está a realizar por encargo da tenda deportiva Zocas (Carballo) para a súa campaña de ventas de Pascua, coa que se leva tempo colaborando.
 Tamén se ofreceu información da actividade formativa de FP dual de limpeza de superficies e mobiliario en oficinas e locais que se está a impartir na entidade.

                                    
                                    
                                    
                                    
		                                
		                                
		                                
		                                
		                                
		                                
                                
		                                
		                                