ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Incorporando metodoloxías Agile en ASPABER

22 de abril de 2025   -    Do sector

Incorporando metodoloxías Agile en ASPABER Sesión formativa en ASPABER

O pasado mes de setembro de 2024, o equipo de coordinación de ASPABER participou nunha sesión formativa práctica sobre o uso de ferramentas e metodoloxías Agile, facilitada por Elisa Estévez Thatcher de Esment, unha entidade pioneira no sector social.

Durante 2 días de formación presencial e 3 meses de tutorización online, aprendemos a utilizar Trello como ferramenta para:

  • Xestionar o fluxo de traballo de forma visual.
  • Facer as reunións máis eficaces e funcionais.
  • Ter sempre a información dispoñible.
  • Traballar de forma sincronizada e focalizados no importante.
  • Mellorar a colaboración e a integración dos equipos.

Este é só o inicio dun camiño de mellora continua. Durante hoxe e mañá, retomaremos a formación presencial e online para seguir avanzando na incorporación destas prácticas.

Seguimos avanzando con ilusión!