A innovación como motor de cambio
25 de abril de 2025 - Do sector

En ASPABER seguimos traballando na consolidación do coñecemento adquirido no ámbito das metodoloxías innovadoras de management. Por iso, formamos parte de “Tool Lab CONSOLIDA”, unha iniciativa orientada a acompañar ás entidades de EconomíaSocial e Discapacidade na implantación progresiva destas prácticas transformadoras.
Fai uns días, tivemos a oportunidade de participar nunha visita á cooperativa Lancor, en Bilbao, grazas á colaboración con NERGroup do País Vasco. Esta empresa destaca polo seu modelo organizativo, baseado na autoxestión dos equipos e nos principios da sociocracia. Unha experiencia enriquecedora para seguir avanzando no noso compromiso co cambio organizacional.
Este proxecto, liderado por San Xerome Emiliani, involucra a 9 socios de 4 Comunidades Autónomas: Galicia, Canarias, Madrid e País Vasco, contando co apoio do Ministerio de Traballo e Economía Social a través do PERTE da Economía Social.
Traballando en rede, avanzamos cara a un futuro máis innovador e accesible para todos/as.