ASPABER inaugurou a ampliación do seu Centro de Día cun investimento total de máis de 773.000 euros
22 de maio de 2026 - Do sector
ASPABER celebrou na mañá do venres o acto oficial de inauguración da ampliación do seu Centro de Día, unha actuación que permitirá ampliar a capacidade do servizo ata as 35 persoas usuarias e continuar mellorando a atención ás persoas con diversidade funcional da comarca.
O acto, celebrado na sede da entidade en LGR da Brea, encadrouse dentro da programación especial do 50 aniversario de ASPABER e contou coa presenza da conselleira de Política Social, Fabiola García; do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; do alcalde de Carballo, Daniel Pérez; do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo; así como doutras autoridades autonómicas, provinciais e locais.
Durante a xornada realizouse unha visita ás instalacións actuais do Centro de Día e do Centro Ocupacional, así como á nova zona ampliada, onde se presentaron os novos espazos e a ampliación dos servizos da entidade.
O proxecto supuxo un investimento total de 773.883,97 euros, dos cales 637.127,71 euros corresponderon á execución da obra e 136.756,26 euros á adquisición de mobiliario e equipamento.
Para facer posible esta ampliación, ASPABER contou co apoio de diferentes institucións. A Xunta de Galicia concedeu un total de 255.428,38 euros, dos que 150.000 euros foron destinados á financiación da obra e 105.428,38 euros á compra de mobiliario.
Pola súa parte, a Deputación Provincial da Coruña contribuíu con 33.200 euros destinados tamén á adquisición de mobiliario, mentres que Fundación ONCE colaborou cunha achega de 18.588,21 euros para financiar a obra.
ASPABER asumiu directamente unha importante parte do investimento, cofinanciando o proxecto cun total de 468.539,50 euros procedentes de fondos propios xerados pola propia actividade da entidade. Desde ASPABER quixeron destacar especialmente que esta achega é froito do traballo diario realizado por usuarios e traballadores, así como de todos os proxectos, servizos e iniciativas que se desenvolven dentro da entidade, converténdose nun exemplo do esforzo colectivo e do compromiso compartido co futuro da asociación.
Durante o encontro institucional mantido coas diferentes administracións, desde ASPABER aproveitouse tamén para trasladar novas necesidades e proxectos orientados a mellorar os recursos destinados ás persoas con discapacidade da contorna, manifestando o desexo de continuar contando coa colaboración e apoio das institucións para seguir avanzando en inclusión, atención e calidade de vida.
Con esta ampliación, ASPABER dá un novo paso no fortalecemento dos seus servizos, coincidindo ademais cun ano especialmente significativo para a entidade, no que celebra cinco décadas de traxectoria, compromiso e futuro.
Ligazóns
- La Xunta invierte más de 255.000 euros en la mejora y ampliación del centro de día de la entidad Aspaber, que duplica sus plazas hasta llegar a las 70 [XUNTA DE GALICIA]
- La Xunta subraya que invirtió más de 255.000 euros en la mejora y ampliación del centro de día Aspaber [GALICIA PRESS]
- Aspaber amplía as súas instalacións para duplicar as súas prazas [QUE PASA NA COSTA]
- Aspaber amplía su centro de día y muestra los esfuerzos de 50 años [LA VOZ DE GALICIA]
- Aspaber estrena la ampliación de su centro de día, que permitirá dar atención a 35 personas [LA VOZ DE GALICIA]
- Estreno de la ampliación del centro de día de Aspaber [LA VOZ DE GALICIA]
- La ampliación de su centro de día le permitirá a Aspaber duplicar plazas y atender a 75 personas con discapacidad [EL CORREO GALLEGO]
- Aspaber celebra su 50 aniversario con nuevas instalaciones en Carballo [ADIANTE DIARIO]
- Aspaber duplica plazas en su centro de día en Carballo [EL DIARIO GALLEGO]
- Aspaber duplica sus plazas de centro de día hasta las 70 gracias a una inversión de la Xunta [XORNAL 21]
- Aspaber inaugura la ampliación del centro de día, que permitirá atender a un total de 35 usuarios [DIARIO DE BERGANTIÑOS]
- Aspaber reafirma su compromiso de “seguir construíndo futuro” al ampliar el centro de día [DIARIO DE BERGANTIÑOS]
- A Deputación apoiou con 33.200 euros o equipamento do centro de día de ASPABER en Carballo [DEPUTACION DA CORUÑA]
- Inauguración da ampliación do Centro de Día de ASPABER en Carballo [RADIO LIDER]


