ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

I Xornadas de Voluntariado, Ocio e Discapacidade

19 de xuño de 2008   -    Dos programas

Durante os pasados meses de Abril, Maio e Xuño organizamos as "I XORNADAS DE VOLUNTARIADO, OCIO E DISCAPACIDADE" coa colaboración da Asociación Norai. 

Esta colaboración comezou na campaña de captación de voluntariado realizada por Aspaber e o Clube Manuel Pouse Veiga. 

Realizáronse tamén actividades formativas, e para rematar unha sesión de "xestión" destinada aos voluntarios que ían levar a cabo as tarefas administrativas e de comunicación do servizo de lecer. 

A primeira novidade que queremos presentar é a revista. Cada 3 meses queremos achegarvos unha revista na que podades ver todas as novidades de ASPABER e das actividades de lecer que fagamos. 

Esperamos que vos guste e por suposto, contamos coa vosa colaboración!!!!