ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Participamos na "XI Xornada Artístico-Cultural"

7 de abril de 2015   -    Dos programas

A finais do mes pasado participamos na "XI Xornada Artístico-Cultural" que se celebrou nas instalacións do INEF en Bastiagueiro. 

No evento, que organizou a Fundación Adcor, participaron 22 usuarios/as de Aspaber, xunto con outros doutras asociacións, que foron acompañados por 4 voluntarios/as.

Ademáis de Aspaber, participaron a Fundación Adcor (A Coruña), Sagrado Corazón (Betanzos), Apader (Cedeira), Amipa (Padrón), Prodeme (Monforte de Lemos) e
Aspronaga (A Coruña).

Durante a xornada realizáronse diversas actividades:

  • Obradoiro de decoración de magdalenas
  • Papirofléxia
  • Obradoiro de abalorios
  • Teatro
  • Danza de bollywood
  • Decoración de barro
  • Visita á exposición de Picasso
  • Paseo-camiñata praia de Bastiagueiro-Sta. Cristina
  • Karaoke


Imaxes




ISO 9001