ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O vicepresidente anunciou que o transporte adaptado cubrirá este ano toda a zona

28 de febreiro de 2008   -    Do sector

Unha das pezas do Sistema Galego de Benestar é o servizo público de transporte adaptado, para o que se estableceu un período de implantación de tres anos, dende o 2007 ata o 2009. Nunha primeira fase, explicou Anxo Quintana, puxéronse a andar un total de 40 vehículos. «Na Costa da Morte -dixo- está cuberto o 70% do territorio dos concellos, e este ano quedará cuberto o que falta»

Ante as preguntas dos asistentes -que prolongaron a visita e obrigaron a aprazar a primeira quenda do xantar en Aspaber-, o vicepresidente galego explicou o funcionamento do 065, o teléfono da dependencia, e referiuse á necesidade de incrementar as prazas en residencias. A de referencia da Costa da Morte estará en Vimianzo e completarase con «mini residencias e centros de día», dixo.