ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Formación en educación sexual de profesionais do ámbito da discapacidade intelectual

6 de abril de 2015   -    Dos programas

A educación sexual consiste na transmisión de informacións e coñecementos axeitados á capacidade de comprensión de cada un/unha; respostas pertinentes a tódalas preguntas sempre en termos de verdade, utilizando as ocasións que se presenten espontaneamente na vida cotiá (tanto na escola como na casa); integración no programa e no proceso educativo global.

Ninguén pode ensinar o que non sabe nin dar o que non ten por eso se fai necesario unha formación específica dos profesionais no eido da sexualidade das persoas con diversidade cognitiva. Consideramos que os propios profesionais da Entidade cunha axeitada formación específica e con asesoramento  puntual de sexólogos especializados, poden estar perfectamente capacitados para proporcionar os apoios  ás persoas con discapacidade en canto á súa sexualidade se refire.

Con esta formación outorgamos a capacitación profesional para que os participantes neste programa poidan levar a cabo un proxecto educactivo específico dirixido á formación afectivo sexual das persoas con diversidade cognitiva.

No programa tratáronse, entre outras, as seguintes temáticas:

  • A dimensión emocional
  • Método de análise de discrepancias
  • Identidade sexual
  • Desexo sexual


Imaxes




ISO 9001