ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

O alcalde de Carballo insta ao resto dos Concellos usuarios a asumir compromisos con Aspaber

17 de marzo de 2009   -    Do sector

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, fixo onte un chamamento aos 17 concellos con usuarios en Aspaber para que asuman compromiso. «O esforzo de solidariedade -dixo- ten que ser compartido, e as entidades como Aspaber necesitan todo o apoio social, que pode ser diverso, pero que todos temos que acometer».

O rexidor carballés matizóu que non se trata únicamente de realizar unha contribución económica, senón de «incorporar servizos que presta Aspaber á xestión municipal», e puxo como exemplo a concesión da limpieza viaria de Carballo, cuxo contrato con Aspaber-UTE acaba de ser ampliado. «Só con esa visión integradora se poden dar importantes avances sociais», aseguróu Evencio Ferrero, quen expresóu o seu desexo de que o chamamento realizado onte «non caia en saco roto e que os concellos asuman o que teñen que asumir».

O alcalde carballés foi un dos asistentes ao acto de entrega dunha nova furgoneta á Asociación de A Brea por parte da Obra Social de Caixa Galicia, un xesto que supón, en opinión de Ferrero Rodríguez, «un paso máis no recoñecemento social a unha entidade exemplar e un símbolo do proceso de integración social, de que Carballo somos todos».

Tamén estiveron presentes o vicepresidente de Fademga, Elías Palacios Verdini; a responsable do programa de inclusión social da Fundación Caixa Galicia, Sabela Couceiro; o coordinador da área de dirección territorial, Manuel Martínez Bestilleiro, e o presidente e a xerente de Aspaber.