ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños

Carballo acolle a primeira xornada de ámbito galego sobre deporte e turismo sen barreiras

5 de agosto de 2009   -    Dos programas

O Concello de Carballo e o Centre d'Esport Adaptat de La Molina (Barcelona) organizan de forma conxunta a Xornada galega do deporte e turismo sen barreiras, a primeira de estas características que se celebra na comunidade autónoma, e que ten a súa sede no Pazo da Cultura.

Alexia Tauler, representante da Asociación Play and Train de Cataluña, abrirá a ronda de intervencións as 10.30 horas cunha exposición sobre campamentos internacionais de deportes. As barreiras no deporte e o turismo, con alusións específicas á Costa da Morte, centrarán os relatorios de Adolfo López Baña, presidente de Íntegro; José Antonio Fraga, del Club Manuel Pose Veiga; Alejandro Vázquez, xerente do Raz SurfCamp, e un representante do colectivo Ambar de Ribeira. Pablo Zunzunegui, secretario da Rede Española de Turismo Accesible (Redestable), complementará as opinións da mesa redonda.

O deporte e as actividades de ocio en familia serán o tema da seguinte charla, a cargo de Mariona Masdemont, técnica do Centre d'Esport de La Molina, patrocinado pola Fundación Cruyff. Para as 12.30 está programada unha mesa redonda coa participación dos deportistas Martín Varela y Manuel Cantelar, xogadores de tenis en cadeira de rodas; Sebastián Rodríguez, Chano, nadador paralímpico, e Manuel Caramés, un dumbriés que compite no campeonato nacional de handybike (bicicletas de montaña adaptadas). A cara e a cruz do deporte adaptado será o motivo do debate.