ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños


Novas

ASPABER rende homenaxe a Evencio Ferrero polo seu compromiso social durante 22 anos como alcalde de Carballo

17 de outubro de 2025   -    Do sector

ASPABER celebrou hoxe un emotivo acto de homenaxe a Evencio Ferrero, alcalde de Carballo durante 22 anos, en recoñecemento ao seu compromiso social e ao apoio esencial que brindou para o desenvolvemento da entidade ao longo destas dúas décadas. 

Foron os usuarios e usuarias de ASPABER, preto de 120 persoas, quen lideraron todo o acto, asumindo a organización, a presentación e as intervencións. A súa entrada foi recibida cun “pasillo” cheo de aplausos e emoción.

Ler máis »

A innovación como motor de cambio

25 de abril de 2025   -    Do sector

En ASPABER seguimos traballando na consolidación do coñecemento adquirido no ámbito das metodoloxías innovadoras de management. Por iso, formamos parte de “Tool Lab CONSOLIDA”, unha iniciativa orientada a acompañar ás entidades de EconomíaSocial e Discapacidade na implantación progresiva destas prácticas transformadoras.

Ler máis »

Incorporando metodoloxías Agile en ASPABER

22 de abril de 2025   -    Do sector

O pasado mes de setembro de 2024, o equipo de coordinación de ASPABER participou nunha sesión formativa práctica sobre o uso de ferramentas e metodoloxías Agile, facilitada por Elisa Estévez Thatcher de Esment, unha entidade pioneira no sector social.

Ler máis »

A tradicional Gala de Nadal de Aspaber volve a Carballo con teatro, sorpresas e espírito festivo

18 de decembro de 2024   -    Do sector

A asociación Aspaber organiza, un ano máis, a súa tradicional Gala de Nadal, que terá lugar o próximo sábado 21 de decembro ás 12:00 horas no Pazo da Cultura de Carballo. O evento, aberto a todo o público e de entrada gratuíta, reunirá a 120 usuarios do centro, que representarán unha peza teatral cargada de ilusión e talento, cunha duración aproximada dunha hora.

Ler máis »

Materiais didácticos elaborados por alumnado universitario da USC para ASPABER: Unha colaboración renovada

22 de decembro de 2023   -    Do sector

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (ASPABER) continúan coa súa alianza para a creación de materiais didácticos adaptados destinados ás persoas con diversidade funcional de todas  as unidades, áreas e servizos da entidade.

Ler máis »

Nace a Rede Tool Lab para a transformación da cultura organizativa no sector da discapacidade

19 de setembro de 2023   -    Do sector

A iniciativa está financiada polo Ministerio de Traballo e Economía Social a través do PERTE da Economía Social. 

Promover un cambio radical nos modelos organizativos e de xestión das entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos a persoas con discapacidade. Este é o obxectivo principal de “TooL Lab: Think Tank de transformación da Economía social dos máis vulnerables”.

Ler máis »