ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños


Novas

Nas rúas de Carballo recóllense cada día 500 máscaras usadas

24 de xullo de 2020   -    Novas

Nova publicada por La Voz de Galicia – CARBALLO -  24/07/2020

“O Concello apela á responsabilidade para que os veciños as depositen donde deben”

O servizo de limpeza viaria de Carballo recolle cada día do chan unha media de 500 máscaras usadas e unha cantidade aínda superior de luvas. É «incontable», según afirman traballadores de Aspaber, a concesionaria deste servizo. De feito, é tal a cantidade colleitada que, nunha soa semana de recollida selectiva destes produtos, conseguiron encher o colector.

Ler máis »

Aspaber pasou de 2 a 64 traballadores en vinte anos

16 de xaneiro de 2020   -    Novas

Nova publicada por Cristina Viu (La Voz de Galicia – CARBALLO -  09/01/2020)

A limpeza dos edificios públicos de Carballo, os palés da refinería coruñesa de Repsol, as molduras de xeso das tendas de Carolina Herrera ou a reparación dos contedores de Isidro de la Cal son só algúns dos traballos dos que se ocupan os ahora 64 empregados do centro especial de emprego de Aspaber, que acaba de cumplir vinte anos, polos máis de 40 que ten a institución que o acolle, unha asociación de pais de adultos con discapacidade intelectual da comarca de Bergantiños.

Ler máis »

Presentación do proxecto de Formación Dual

14 de xaneiro de 2020   -    Novas

Onte tivo lugar en Aspaber a presentación do novo proxecto de Formación Dual a través dun programa da Xunta de Galicia, que permite desenvolver colaboracións con 6 Centros Especiais de Emprego, incluído o CEE Aspaber.

A este acto asistiron o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria Francisco Conde, a Secretaria Xeral de Emprego Covadonga Toca, o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, así como os alcaldes da Laracha, Malpica, Coristanco, Laxe, un representante do Concello de Ponteceso e edís do BNG, PP e PSOE da Comarca. Tamén estiveron presentes os representantes das outras 5 entidades participantes neste proxecto: San Xerome Emiliani, Aceesca, Juan María, Amicos e Juan XXIII.

Ler máis »

O equipo de limpeza viaria do CEE Aspaber informará á hostalería local sobre unha campaña de loita contra as cabichas

14 de decembro de 2018   -    Novas

Despois da comprobación deste importante problema medioambiental que supoñen as cabichas arroxadas ao chan no casco urbano, desde o Concello de Carballo púxose en marcha unha campaña para eliminalas ou reducir a súa presenza nas rúas.

Deste xeito e baixo o lema “Manteñamos Carballo Limpo”, a próxima semana comezará esta nova campaña de sensibilización, na que o equipo de limpeza viaria do CEE Aspaber repartirá unha carta informativa e uns carteis nos establecementos hostaleiros locais para intentar contar coa súa colaboración nun problema que afecta a todos e a todas.

Ler máis »

O equipo de limpeza viaria recolle cada día máis de 7.000 cabichas das rúas do casco urbano

9 de outubro de 2018   -    Novas

O equipo de limpeza viaria de Carballo varre cada día máis de 7.000 cabichas. Non é que as contásemos, pero grazas ao minucioso labor dos/as traballadores/as de Aspaber UTE puidemos facer un cálculo aproximado. Durante unha semana,  o persoal do servizo de limpeza levou no seu carriño unha bolsa extra nas que foron depositando as cabichas que ían varrendo do chan. “Foi moito choio”, aseguraban hoxe, pero grazas a iso podemos ter unha idea moito máis realista do importante problema que representan os restos dos cigarros.

Ler máis »

Presentación do equipo do novo servizo de limpeza viaria, adxudicado ao Centro Especial de Emprego Aspaber por 2 anos

10 de febreiro de 2018   -    Novas

O Centro Especial de Emprego Aspaber resultou adxudicatario do servizo de limpeza viaria para os próximos dous anos por un importe de 82.031,49 euros. Francisco Costa, Dolores Fernández e José Luis Villar, en representación de Aspaber, desprazáronse ata Malpica para presentar, xunto co alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Fernández, o equipo humano e técnico da concesión.

Ler máis »

O concello da Laracha prorroga dous anos máis o contrato de xestión do Punto Limpo e Limpeza Viaria ao CEE Aspaber

23 de outubro de 2017   -    Novas

O pasado xoves a xunta de goberno local acordou facer efectiva a prórroga de dous anos establecida no contrato inicial asinado aló polo ano 2013 co CEE Aspaber. Este contrato comprende a xestión da limpeza viaria e do Punto Limpo do municipio, así como as melloras introducidas polo CEE Aspaber de recollida de voluminosos e papel-cartón a pé de rúa.

Ler máis »

Aspaber inicia a súa participación no proxecto xenético DISECMAS

31 de xaneiro de 2017   -    Novas

No día de onte, ASPABER iniciou a súa participación no proxecto de investigación DISECMAS: bases xenéticas da discapacidade intelectual, a cargo do Grupo de Medicina Xenómica, dirixido polo prestixioso Dr. Ángel Carracedo, experto internacional en Xenética e Investigación Médica, e en colaboración con FADEMGA-Plena Inclusión Galicia.

Ler máis »