ASPABER Asociación

Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños


Novas

Aspaber inicia a súa participación no proxecto xenético DISECMAS

31 de xaneiro de 2017   -    Do sector

No día de onte, ASPABER iniciou a súa participación no proxecto de investigación DISECMAS: bases xenéticas da discapacidade intelectual, a cargo do Grupo de Medicina Xenómica, dirixido polo prestixioso Dr. Ángel Carracedo, experto internacional en Xenética e Investigación Médica, e en colaboración con FADEMGA-Plena Inclusión Galicia.

Ler máis »

ASPABER participa no seminario FOCA

21 de novembro de 2016   -    Do sector

Baixo o título de "biodiversidad y tradición", invitados pola Asociacion ASPRODES  de Salamanca, asistimos a pasada semana ás 9ª Xornadas FOCA nas que tivemos a oportunidade de coñecer de primeira man o proxecto ALTAIR , un espazo de turismo rural, en donde buscan conectar o concepto da diversidade e tradición.

Ler máis »

O Conselleiro de Política Social destaca o traballo de Aspaber na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual a través da integración social e laboral

24 de outubro de 2016   -    Do sector

Esta mañá o Conselleiro de Política Social en funcións José Manuel Rey Varela visitou os centros de día, ocupacional e residencial de Aspaber na rolda de encontros que o titular da carteira autonómica está a realizar por toda a Comunidade Autónoma. Estivo acompañado pola Directora Xeral de Maiores e persoas con discapacidade María del Coro Piñeiro Vázquez, o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, a edil de Igualdade e Benestar Mari Carmen Ures, o deputado Aurelio Núñez Centeno e os membros da Xunta Directiva de Aspaber.

Ler máis »

Celebramos a Festa de Nadal cunha obra de teatro

21 de decembro de 2015   -    Do sector

O pasado sábado 19 de decembro celebramos como tódolos anos a Festa de Nadal, onde este ano, e xa van 7, a celebración comezou no Auditorio do Pazo da Cultura (Carballo), cunha representacion teatral basada nunha historia do lexano oeste americano, na que participaron entorno a 60 usuari@s da Entidade, un traballo que se levaba ensaiando dende varias semanas atrás

Ler máis »